13 jun. 2011

PABLO VENCE NO OPEN DE ESPAÑA JUNIOR E MARCOS 3º EN CADETES



Onte finalizou o OPEN DE ESPAÑA BTT 2011 na localidade avulense de Navaluenga, e non o puido facer de millor xeito para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, xa que o seu corredor junior, PABLO RODRIGUEZ , vencia na proba, e proclamábase vencedor da Xeral Final do Open. Pero non era o único integrante do clube macedán , que subia o podium, xa que MARCOS VILLAR finalizaba como 3º na Xeral de Cadetes. Pablo , partía como lider na proba , e a pesares de que na saída sufriu un pequeno problema o que o relegou aos ultimos postos, pronto comezou a recuperar posicións, nun circuito sumamente técnico, e xa o final da primeria volta chegaba a cabeza de carreira, a partir de ahi empezou a marcar un ritmo forte , que fixo que chegara a meta con un marxe importante,1:57, sobre o segundo clasificado, o andaluz Antonio Santos. En cadetes, Marcos Villar, tamén subia o podium da Xeral ao rematar a proba en 5º lugar , despois de ter sufrido unha averia cando ia 2º; ao final este posto serviulle para poder rematar en 3º lugar o Open.



Os restantes corredores cumpriron nesta última proba e asi J. RAMON VILLANUEVA era 26º en Elite-sub23 (11º Sub 23) , SAUL LOPEZ 6º e DAVID RODRIGUEZ 17º en Juniors, IVAN CONDE 16º en Cadetes, e XULIO CONDE 6º en Master 40

No hay comentarios:

Publicar un comentario