O CC Maceda- Academia Postal- Actyon tivo unha gran actuación na 2ª proba da Taça de Portugal, celebrada no parque Diverlanhoso en P. de Lanhoso. Nunha proba de máximo nivel , Pablo Rodriguez acadou a victoria en juniors, despois de dominar a carreira dende a 2ª volta. A gran actuación de Pablo viuse acompañada pola tamén gran actuación dos outros corredores junior, asi Iago Garcia, rematou tamén en posición de podium ao finalizar 5º , e J. Ramon Villanueva foi 9º . Deste xeito os tres corredores remataron entre os 10 primeiros nunha proba tan importante como e a Taça de Portugal. En cadetes Marcos Villar , que voltaba a competición despois de ter parado por lesión, remataba o 19º. En Master 40 Xulio Conde , pisaba tamén o podium, ao finalizar 5º.
En resume , 3 podiums.
No hay comentarios:
Publicar un comentario