Hoxe pola maña ,celebrouse na localidade Holandesa de Hoogerheide, a última proba puntuable para a Copa do Mundo de Ciclocross. Nunha maña fria, pero na que a choiva respetou, e nun circuito resbaladizo e con barro, e ante numeroso público, o corredor macedán acadou o seu millor posto nunha proba da Copa do Mundo, ao rematar na 13º posición a 1:15 do vencedor e lider da copa do Mundo , o belga Laurens Sweeck. Tomarón a saida 70 corredores, dun total de 15 seleccións. Hai que destacar , que nesta proba , que se celebraou a unha semán dos Campionatos do Mundo de Sankt Wendel (Alemania), o nivel era máximo, xa que practicamente estaban presentes todas os corredores e seleccións que van acudir o mundial.
Pablo, saía no posto 18º , e logrou manter este posto , nos primeiros compases da carreira, a partir de ahi foi remontando posicións, ata acadar o 13º posto. Pablo manifestaba ao remate da mesma que o circuito lle gustara moito, xa que presentaba zonas de barro, o que endurecia a carreira ,e as curvas estaban resbaladizas, o que aumentaba a dificultade técnica do mesmo. Foron un total de 6 as voltas que tiveron que dar a un circuito de 2.700 m.
Agora, Pablo ,chega en boas condicións a proba máis importante da temporada, os Campionatos do Mundo, nos que agarda intentar entrar entre os 10 primeiros ,e asi pechar unha gran temporada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario