16 dic 2010

ESTE FIN DE SEMAN, COPA DO MUNDO, ROIS E PORRIÑO


Este fin de semán a actividade para o CC Maceda voltará a ser intensa, xa que estará presente en tres probas. Por unha parte, PABLO RGUEZ, acudirá a participar de novo a unha proba da Copa do Mundo de Ciclocross, na categoria junior, na localidade belga de Kalmthout, onde se prevee un frio intenso. A carreira comezará as 9:30 horas da maña do domingo. Está será a segunda proba puntuable para a Copa do Mundo , e ata ali se desprazará o clube macedán. Pablo, que nestes momento figura 6º no ranking da UCI, e 16º na clasificación xeral da Copa do Mundo, e ven de proclamarse gañador da Copa de España de Ciclocross, tentará achegarse aun posto entre os 15 primeiros.

O resto de corredores acudirán as probas do calendario galego, asi o sábado , a cita será na localidade coruñesa de Rois, e o domingo no velodromo de Porriño. A dobre cita acudirán os cadetes MARCOS VILLAR, recentemente gañador da Copa de España, IVAN CONDE e RUBEN GARCÍA, o junior DAVID RODRIGUEZ , e o SUB 23 IAGO GARCIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario