8 abr. 2013

EVA ALVAREZ 2ª NO OPEN DE ESPAÑA COFIDIS BTT XC DE JEREZ


A corredora junior do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, acadou onte un gran 2º posto na carreira do Open de España Cofididis de BTT-XC , na localidade andaluza de Jerez e nun circuito tecnico con moito repecho corto e baixadas de moita pendente, e no que habia algo de barro polas choivas caidas nas últimas semans en Andalucia. Eva, nunha gran carreira, so era superada pola corredora da seleccion rusa, Olga Talentyeva. Eva , sumase asi a xa un bo numero de corredores do noso clube que colleitan un podium nunha proba do Open de España de BTT. O resto da xornada para o noso clube , deparou bos resultados , asi en Feminas Cadete, Xiana Conde, era 6º. En juniors Raul Gonzalez era o 33 e Saul Lopez o 46 na carreira de Elite Sub23. Saul , saia dende as ultimas posicions, e despois de ter remontado ata o posto 30 , pagaba o esforzo nas ultimas voltas perdendo algunhas posicions.

No hay comentarios:

Publicar un comentario