27 ago. 2012

AIDA GONZALEZ 1ª E IVAN FEIJOO 2º PODIUMS NO MINIBTT DE MONTEFERRO


Este pasado sábado celebrouse en Nigran , unha nova edición do MINI BTT de Monteferro, no clasico circuito do parque de Monteferro, con máis de 150 participantes, entre eles 16 corredores e corredoras do noso clube. Destacar a actuación, unha vez máis de Ivan Feijoo, en Infantis, sendo 2º e de Aida Gonzalez, que vencia unha vez máis en principiantes feminas. Ainda que estes foron os unicos corredores/as en subir ao podium, reseñar que o resto de corredores/as da Escola JA Hermida, estiveron a un gran nivel, con Breogan Diz 6º, Martin 12º e Pablo 22º en Principiantes. Noela Saa, quedou as portas do podium , sendo 4ª. Aron Lopez foi 8º en Infantis, con Roman 13º e Manuel 14º. Os restantes , Uxio, Hugo, Tristan, David, Antia e Xacobe tamen completaron boas carreiras. A seguinte cita tera lugar o vindeiro sábado , en Cambre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario