17 oct. 2016

COMENZANDO A TEMPORADA DE CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E CON BO PE









Este sabado arrancaba en Medina de Pomar (Burgos) unha nova temporada de Ciclocross, para o equipo macedan do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR de Maceda, e non o pudo facer con millor pe, nunha carreira na que se deron cita mais de 400 corredores e corredoras chegados de gran parte da xeografia peninsular. Ivan Feijoo, vencia con autoridade en Juniors, amosando un gran nivel , e un bo control da carreira.  En cadetes  Carlos Canal era 2º, nunha carreira moi intensa, e que posiblemente perdera por unha caida na ultima volta canco marchaba 1º con un pequeno marxe. Marco Nube , na sua primeira carreira de Ciclocross entraba o 16º . E Hugo Vazquez finalizaba o 23º. Con estos resultados o equipo cadete faciase ca victoria por equipos. En Feminas cadete, Noela Saa, na sua primeira experiencia en Cx era 2ª, e Aida Gonzalez, 6ª . Antia Martinez, entraba en meta a 9ª , despois de ter sufrido unha caida cando pelexaba en cabeza de carreira. Xiana Conde era a 21ª entre as feminas Elite, na mentras que Roman Saa , na sua primeira carreira como Sub23, perdia todas as opcions de facer unha gran carreira , na primeira media volta ao ter sufrido , unha caida e averia mecánica. Asi pois bo inicio de temporada de Ciclocross

Clasificacions completas :
http://www.cxmedina.com/wp-content/uploads/2016/10/Clasificaciones-CXMedina-2016.pdf

Fotos de Luz Maria Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario