25 oct. 2016

VICTORIAS DE ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL NO TROFEO DE CICLOCROSS DE FERROL




Este domingo celebrouse a segunda proba da Copa Galicia de Ciclocross, esta vez en Ferrol, en medio dun diluvio, o que provocou que o circuito estivese embarrado. Nestas duras condicions, os nosos rapazes e rapazas voltaron a ter una actuacion destacada. Asi , Carlos Canal voltaba a vencer en cadetes, mantendo asi o maillot de lider. Tamen subia o podium, o seu primeiro podium como cadete, Marco Nube, que acaba de dar o salto a esta categoria. Hugo Vazquez, era 6º.
En feminas cadete, esta vez , a vitoria era para Antia Martinez, diante da sua compañeira de equipo, Noela Saa, nun bonito duelo. Aida Gonzalez ,era 4ª. Noela Saa , mantiña asi o maillot de lider da Copa.
En Sub 23, Roman Saa voltaba a subir o podium, entrando 3º , e sendo 11º , na xeral Elite Sub23. Raul Gonzalez era o 4º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario