25 oct. 2016

IVAN FEIJOO 35º NA COPA DO MUNDO JUNIOR DE CICLOCROSS EN VALKENBURG


Ivan Feijoo finalizaba este domingo o 35º na primeira proba da Copa do Mundo de Ciclocross, categoria junior, disputada na localidade holandesa de Valkenburg. Ivan , partia en liña de saída no posto 36º. Nunha saida, non moi acertada, por mor dun atasco nas primeira curvas, perdia ainda mais posicions, retrasandose ata ultimas posicions. A partir, a tarefa era dificil, xa que tocaba adiantar e ramontar , nun circuito , que anque se preveia duro , finalmente faciase moi rapido. Nun ritmo de carreira moi alto, remontou ata a posicion 35º. Asi pois, primeira experiencia internacional de maximo nivel nesta tempada. A seguinte cita, en Copa do Mundo, será dentro dun mes en Koksijde. Antes, Copa de España, este fin de seman en Llodio e Muskiz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario