29 mar 2010

OPEN DE ESPAÑA DE HUELVA


Onte domingo disputouse a 2ª proba do Open de España de BTT , no parque Moret, na capital andaluza de Huelva, nun dia soleado e de calor, nun circuito moi complicado técnicamente, con continuas subidas moi cortas pero duras e baixadas , algunha delas moi complicada. Non foi o millor dia para os corredores de Maceda. En cadetes, Marcos Villar tivo unha gran actuación e solo unha averia privouno de rematar entre os 10 primeiros, xa que cando rodaba 9º entre os cadetes , un problema coa cadea obrigouno a parar e asi perdeu posición rematando finalmente 15º. Na mesma categoria de cadetes, David Rodriguez foi 19. En Master 40 Xulio foi 12º. En juniors Iago Garcia, rematou 28º despois de ter tomado a saída con máis de 5 min de retraso con respecto ao resto de corredores da súa categoría.

A vindeira cita terá lugar en Aviles, dentro dun par de semáns na 3ª proba do Open de España de BTT

No hay comentarios:

Publicar un comentario