21 mar 2010

COMEZA A TEMPADA GALEGA DE BTT EN MONTEFERRO


Onte comezou en Monteferro a tempada galega de BTT , con unha proba na que participaron máis de 150 corredores , de Galicia e Portugal, contando coa participación da selección Portuguesa de BTT, ademais de corredores chegados doutras comunidades. Nunha tarde , humeda, pero na que a choiva respetou a carreira, nun circuito moi técnico e con barro, os corredores de Maceda tiveron unha destacada actuación conquerindo varias posición nos pódiums das diferentes categorías.
Na categoría Junior, o CC Maceda , acadou un doblete no pódium , con PABLO RODRIGUEZ , en 1ª posición e IAGO GARCIA 3º, gañandolle a partida aos corredores da selección portuguesa. Na mesma carreira, J.RAMON , acadou a 7ª posición.
En Cadetes, MARCOS VILLAR, foi 6º , 2º galego, nunha carreira dominada polos corredores lusos.
Outras categorías, nas que os corredores de Maceda subirón o pódium, foi en féminas, con LAURA SANCHEZ 3ª, en senior, con DIEGO RODRIGUEZ , 3º, e en Master 40 con XULIO CONDE 3º.
Polo tanto os corredores de Maceda non poideron ter millor comezo na tempada galega ,nunha proba clásica do calendario galego, como e a proba de Monteferro, e con unha importante participación.
O vindeiro fin de semán os corredores de Maceda partirán cara terras andaluzas , para participar o domingo , en HUELVA, na 2ª proba do OPEN DE ESPAÑA DE BTT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario