6 may. 2013

IVAN FEIJOO VENCE E AIDA GONZALEZ E BREOGAN DIZ SUBEN O PODIUM NO MINI BTT DE ARTEIXO





Onte, domingo 5 de maio, e día da Nai, comezaba en Arteixo a tempada galega de Mini BTT. Nunha proba na que participaron 150 nenos e nenas das diferentes escolas de ciclismo galegas, os rapazes e rapazas da nosa Escola JA Hermida, tiveron unha actuacién destacada o subir 3 de eles o podium. Asi , Ivan Feijoo, vencía con autoridade na proba de Infantis, proba que este ano cambia de formato, celebrandose a unha soa manga de 25 min. Nesa categoria, ata tres corredores macedáns entaban entre os 10 primerios, xa que Aaron Lopez era 7º e Manuel Souto 10º. En Alevins, Aida Gonzalez, que se estreaba na categoría era 2ª, con Noela Saa 4ª entre as rapazas, a pesares de ter sufrido unha caida. En principiantes, con 44 corredores na grella de saída, Breogan Diz, era 2º, e polo tanto subia o podium, con Martin Gonzalez 6º, e Alexandre Alvarez, que se estreaba nunha competicion de Mini Btt, 26º. En promesas, Lucas Piñeiro, era 13º, e Mauro  Pedras 17º, na súa primeira experiencia nunha carreira. Asi pois moi bo balance nesta primeira xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario