15 ene. 2013

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS NAVIA




Este fin de semán , tiveron lugar en Navia os CAMPIONATOS DE ESPAÑA de Ciclocross. Foi un fin de semán, pasado por auga e intenso, no que disputaron un total de 9 carreiras, e no que o noso clube tivo representación en 5 de elas. O que se preveia un fin de semán de disfrute e traballo, viuse, finalmente marcado pola nova que recibiamos na maña do sábado, da morte inesperada do pai do noso corredor SAUL LOPEZ, co que o campionato pasaba a un segundo plano.
Os campionatos abrianse , o venres coa carreira de Team Relay, na que Galicia era a 4ª , e na que vencían os anfitrions, a selección asturiana. Na maña do sabado tocaballe o turno os Master e as feminas.
A circuito estaba resbaladizo , polas choivas caidas en dias anteriores , pero non chegaba a estar embarrado. Na carreira de Master 40, Xulio era o 20 e Antonio Saa o 39. Na de M 50 , Jose Manuel remataba o 37. Chegaba a continuacion a carreira de feminas. A nosa representante , era a Femina Cadete, XIANA CONDE, que desta vez participaba ca selección galega. Partia ca intención de situarse entre as 5 millores , pero o final tivo que conformarse co 10º posto. Na tarde do sábado, na que a choiva xa fixo presencia , e as condicións do circuito cambiaron totalmente, correronse as carreiras de M30 e Sub23, sin representacion  macedana. A xornada do domingo, abriase coa carreira de Cadetes, con ROMAN SAA , na grella de saida. O circuito presentabase moi embarrado. Roman, que participaba por primeira vez nuns campionatos de España , era o 49. Seguia a carreira de juniors con RAUL GONZALEZ, que sufria pinchazo e tiña que facer a pe medio circuito, entrando en meta o 26. Os campionatos pechabanse ca disputa da carreira do Elite, na que vencia o vasco, Aitor Hernadez.
Ponse asi punto e final a temporada de Ciclocross 2012-13 , no que se refiere a participación do noso clube en carreiras.
Este foi o cuadro de honra destes campionatos:




No hay comentarios:

Publicar un comentario