19 ago 2013

VICTORIAS DE IVAN E AIDA NO IX MINI BTT DE MACEDA






Este sabado, celebrouse en Maceda, unha nova edicion do Mini BTT de Maceda, e xa van IX. Este ano, estreabamos nova ubicacion, xa que trasladamonos as instalación municipais das piscinas. E semella que o circuito gustou,  Foron 170 nenos e nenas de toda Galicia os que tomaron parte na proba, constituindo para nos todo un exito, e batindo o record de participantes. Os rapazes e rapazas , a parte das competicións poideron disfrutar dunha bonita xornada de piscina e acampada, nun dia de moita calor. En canto os resultados dos corredores/as da nosa Escola JA Hermida, destacar as victorias de IVAN FEIJOO en Infantis e AIDA GONZALEZ en Alevins. Ademas dos podiums de BREOGAN DIZ, 2º en Promesas, MARTIN GONZALEZ, 3º en Promesas, NOELA SAA 3ª en Alevins e HUGO GONZALEZ, 5º en Prebenxamins. Asi pois a festa foi completa...

Clasificacións completas: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario