17 nov 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO, E ROMAN SAA 2º EN CADETES NO CX DE O ROSAL. XIANA 2ª EN JUNIORS


Onte comezou en O Rosal a tempada galega de CX, nunha xornada soleada e primaveral, e na que os nosos tiveron unha actuacion moi destacada. Asi, en Cadetes, IVAN FEIJOO e ROMAN SAA , domiñaban a carreira, estando a un gran nivel , rematando 1º e 2º , e acadando asi , un bonito doblete. XIANA CONDE , era 2ª en Juniors. RAUL GONZALEZ, era 4º en juniors, entrando o sprint con 3º, e realizando tamén unha gran carreira. O ultimo podium da xornada chegaba en Master 40 con Xulio de 2º. Asi pois gran arranque de tempada para o noso clube, en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario