15 dic. 2013

VICTORIAS DE PAULO GONZALEZ E CHUS BARROS NO VI CX CASTELO DE MACEDA






O VI Ciclocross Castelo de Maceda, xa é historia. Este ano a victoria na categoria raiña foi para Paulo Gonzalez ( CC Salvaterra de Miño) no apartado de homes , e para Chus Barros ( Spol) no de Mulleres.
O dia presentouse soleado e o circuito seco e moi rapido, pero ainda asi fixose duro, como manifestaban os participantes o remate da proba. Foron casi 150 os participantes chegados de toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal. No que respecta a actuacion dos nosos, destacar os 6 podiums colleitados, entre os que se atopan as victorias de IVAN FEIJOO, en Cadetes, que conta este ano as suas carreiras en Galicia, por victorias, e de XIANA CONDE en Juniors. Estas victorias sirvenlle para afianzarse como lideres do ranking galego nas suas respectivas categorias. Tamén subiron o podium , RAUL GONZALEZ, en junior, ROMAN SAA en Cadetes , Jose Manuel en M50 e Xulio Conde en M40. Asi pois moi bo balance , na carreira da casa, e diante do noso publico, que como anos anteriores, poido disfrutar de bonitas e intensas carreiras e do xa tradicional chocolate.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1277_Internet.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias
https://picasaweb.google.com/114831358335341071162/Ciclocross2014Maceda?noredirect=1
Fotos de Jose Ribo
https://plus.google.com/photos/112791761760614773609/albums/5957559497198765265

No hay comentarios:

Publicar un comentario