Este fin de semán haberá dobre cita da Copa de España de Ciclocross para os integrantes do CC Maceda. O sábado , a partires das 9:30 na localidade coruñesa de Padrón e o domingo na localidade asturiana de Navia, tamén a partires das 9:30, nunha proba que será televisada en directo pola canle autonómica asturiana. Destacar que Pablo , parte como lider da categoría junior e tentará ampliar a súa diferencia cos seus rivais nestas dúas probas, para seguir mantendo o maillot amarelo que o acredita como lider da clasificación xeral. Na categoria cadete, Marcos Villar , situado no 6º lugar , tentará achegarse o podium, nunha categoria que se atopa moi aberta e disputada. Os corredores que participarán este fin de seman son ademais de Pablo e Marcos, David Rodriguez, Iago García, Ruben García e Xulio Conde
No hay comentarios:
Publicar un comentario