27 nov 2010

PABLO , 16º NA COPA DO MUNDO DE KOKSIJDE


Despois dunha gran carreira, o junior macedán , Pablo Rodriguez , rematou 16º na Copa do Mundo de Koksijde, en Belxica, na proba celebrada esta maña , baixo un frio intenso, con 2 grados baixo cero no momento da saida. Pablo , que partia na primeira liña de saída, realizou unha gran carreira , mantendose sempre entre os 20 primeiros, para rematar no 16º lugar, o que supón un gran resultado nesta súa primeria participación nunha proba da Copa do Mundo de Ciclocross, xa que anteriormente so tiña participado no Mundial de Ciclocross do ano pasado.

Pablo afrontaba a carreira con gran optimismo, e o final da mesma manifestaba a sua ledicia polo resultado colleitado, e por como se atopou na carreira. O circuito belga e un circuito con grandes zonas de dunas con area de praia, xa que se atopa perto do mar, o que obriga aos corredores a ter que facer tramos a pe. Pablo , que estivo moi metido en carreira en todo momento, soubo adapatarse perfectamente o circuito. O vencedor da carreira foi o belga Laurens Sweeck. En total tomaron a saída 71 corredores de 15 paises, sendo Pablo o único representante español.

No hay comentarios:

Publicar un comentario