21 nov 2010

CICLOCROSS NAVIA: PABLO 2º E LIDER. MARCOS 2º


Na maña do domingo celebrouse en Navia , nunha xornada marcada pola choiva e polo barro, a terceira proba da Copa de España de Ciclocross. De novo os corredores de Maceda , pisaron o podium , con Pablo Rodriguez , 2º en Juniors e Marcos Villar 2º en Cadetes; deste xeito Pablo recuperou de novo o maillot amarelo de Lider, que perdera na proba anterior, situandose dun xeito inmellorable de cara a acadar a victoria final na Copa de España , xa que so resta a proba de Alcobendas. Pero non so Pablo ten opcions para a victoria final , xa que tamen Marcos ,despois do 2º posto de hoxe, situase 2º na xeral moi cerca do lider. Asi pois será na proba final de Alcobendas na que se decidiran os vencedores finais da Copa. Os restos de corredores macedáns acadaron os seguintes resultados: en Elite Sub 23 Iago Garcia tivo que abandonar por problemas mecánicos. En juniors, David Rodriguez acadou un meritorio 20º lugar. En Cadetes, Ivan Conde era 18º. E para rematar , en master 40 , Xulio Conde foi 7º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario