13 ene 2010

PABLO , AO MUNDIAL DE CICLOCROSS


O corredor do CC MACEDA , PABLO RODRIGUEZ, foi convocado pola selección española para participar nos CAMPIONATOS DO MUNDO DE CICLOCROSS, os dias 30 e 31 de xaneiro en TABOR ,na República Checa. Xunto a PABLO , esta tamen acudira, na categoria Elite, J.A. HERMIDA, corredor que da nome a Escola de Ciclismo do Clube de Maceda.

Pablo, que no seu primer ano como Junior, na especialidade de Ciclocross, esta a completar unha gran tempada tanto a nivel galego como a nivel estatal, situándose como un dos millores corredores juniors da peninsula. Nesta tempada leva xa 7 victorias, ademais de numerosos podiums, téndose proclamado galego, e situandose como 2º na xeral final da Copa de España. So a mala sorte, que se cebou nel, en forma de averias e pinchazos, nos pasados campionatos de España , celebrados en Laredo, impediulle disputar unha das prazas do podium. O seleccionador español, segundo a suas palabras, apostou por Pablo ,xa que tivo moi mala sorte no Campionato de España e non poido estar cos millores, pero esta andando moito e é de primeiro ano, polo que lle vai vir ben de cara o futuro. Na categoria junior, tamen acudirá convocado o tamén corredor galego , Paulo Gonzalez.

A selección estará composta por: Os élites Javier Ruiz de Larrinaga, Egoitz Murgoitio (Euskadi), José Antonio Hermida (Cataluña), Tino Zaballa e Isaac Suárez (Cantabria), os sub-23 David Lozano (Cataluña), Iñigo Gómez e Daniel Ruiz (Euskadi), os juniors Jon Ander Insausti, Peio Goikoetxea (Euskadi), Paulo González e PABLO RODRIGUEZ (Galicia) e as féminas Rocío Gamonal (Asturias) e Rocío Martín (Andalucía)

PARABENS PABLO!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario