Este fin de semán celebráronse en Laredo os Campionatos de España de Ciclocross, con moito frio, neve e xeo. O venres foi a proba por equipos, con Pablo formando parte da selección galega. Galicia, acabou segunda. O sábado foi o turno para os masters. Xulio foi 23º en M-40 e J.Manuel 48º en M-30. O domingo era o dia forte, coas carreiras de cadetes, juniors e elite. En cadetes, Marcos acabou 19º competindo co maillot da seleccion galega, e David foi 30º, realizando ambos unha gran carreira. En juniors, participarón , Pablo , coa seleccion galega ,e Iago. Pablo , partía como un dos favoritos, pero a mala sorte cebouse nel, e xa nos primeiros compases da carreira, sufría un pinchazo, que o relegaba as últimas posicións; pero non foi o único percance, xa que cando estaba remontando, rompia o cable do cambio, e xa para rematar, e na ultima volta, a cadea. Ao final , entrou en meta a pe. Iago, nunha moi boa carreira, remataba 20º, apesares, de verse afectado nunha caída na saída.
En elite, Hermida, nunha carreira emocionate, que non se decidiu ate os últimos metros, foi 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario