6 ene 2010

II CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA





O sábado 2, disputouse en Maceda , e organizada polo CC MACEDA , a derradeira proba do calendario galego de Ciclocross, e previa aos campionatos de España que se celebran o vindeiro fin de semán. O clube local fixo un gran papel diante da numerosa afeccion de Maceda que se achegou a ver a proba e acadou a victoria en duas das categorias; en juniors, o vencedor foi Pablo Rodriguez, que desta forma amosou o gran estado de forma no que se atopa de cara os vindeiros campionatos de España, nos que parte con opcions de facer un gran papel. A segunda victoria chegou de mans de Xulio Conde en Master 40. En cadetes , Marcos Villar estivo moi cerca da victoria, e remaoutou 2º dilucidandose a victoria ao sprint. O restos dos corredores de Maceda raiaron a gran altura nas diferentes categorias nas que particioparon, con un J.Manuel Ramos, 4º en Master 40 , David Rodriguez, 7º en cadetes , Iago Saa 17º en Cadetes. Pola sua parte Iago Garcia non poido rematar a sua carreira, en juniors, a causa dunha caida. En total foron mais de 130 os participantes que se achegaron a Maceda a participar na proba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario