26 nov 2012
XI CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO
Este domingo celebrouse no Parque da Granxa do Xesto o XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago. A sorte non acompañou @s corredores macedáns, do ACADEMIA POSTAL -ACTYON - MERIDA, xa que os diversos percances sufridos, privaron que algún dos corredores poidera subir o podium. A xornada comezaba coa carreira de Cadetes , con Xiana e Roman na grella de saída. Xiana debía retirarse antes de completar a primeira volta polo seu forte catarro. Roman , completaba a carreira e remataba o 12º. En Juniors , participaban Raul e Ruben. Raul rodaba nunha excelente 5ª posición ,cando un pinchazo o reitiraba da carreira. Ruben, remataba o 13º. Por ultimo en Master , tamén as averias e pinchazos fixeron mella, e o final Xulio foi 16º e Antonio Saa o 20º. En Master 30, Jose Manuel Ramos era o 9º. A vindeira cita , será dentro dunha semén en Marín.
18 nov 2012
BOA ACTUACION NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX DE SOBRADO
VICTORIA DE XIANA E 4º POSTO DE RAUL E ROMAN NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX
Moi bo balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON na primeira proba puntuable para a TAÇA DE PORTUGAL de Ciclocross, disputada na localidade de Sobrado, nun bonito circuito diseñado pola organización. Chegaba nesta proba a primeira victoria da temporada para o noso clube, colleitada por Xiana Conde, na Categoria de Féminas Cadetes. Pero non so era destacable a actuación de Xiana, si non que tamén outros corredores macedáns colleitaban moi bos resultados , asi Roman Saa era 4º na categoría de Cadetes , e tamén Raul Gonzalez era 4º na categoria de Juniors, o que amosa que ambos corredores se van adaptando a súa nova categoria.
12 nov 2012
SUPERPRESTIGIO DE ELORRIO
Despois de non poder estar nas citas anteriores do SUPERPRESTIGIO DE CX , en Karrantza e Muskiz, o ACADEMIA POSTAL- ACTYON estivo presente na 4ª cita de este Superprestigio, en Elorrio. Foi a corredora cadete Xiana Conde, a que ata ali se desprazou para participar na proba, nunha carreira marcada polo abundante barro, froito da choiva caida durante toda a xornada, o que endureceu as carreiras. Xiana , que estivo casi que toda a carreira pelexando por un posto no podium , finalmente foi 5ª. Destacar , que a victoria correspondeu a ex corredora da nosa escola, a galega , Desiree Duarte.
A vindeira cita do Superprestigio será o 8 de decembro na localidade de Itxasondo.
CICLOCROSS DE O ROSAL
Este sábado iniciouse o calendario galego de Ciclocross , coa proba celebrada no entorno da Praia das Eiras , no Rosal e organizada polo CC O Rosal. Nun circuito, situado a beira do Miño , e con treitos de area a actuación dos corredores macedáns do ACADEMIA POSTAL -ACTYON, estivo a un gran nivel.
En cadetes , o novel , ROMAN SAA ,realizaba unha gran carreira, na sua segunda carreira na categoria e no ciclocross, rematando o 8º. En Juniors , RAUL GONZALEZ, era 6º , estando a un gran nivel, a pesar de non ter realizado unha boa saida. Na misma categoria RUBEN GARCIA ,era 14º. Ambos corredores están a correr a suas primeiras carreiras como juniors.
Tamén participaron, Antonio Saa Tesouro en M40 (14º) E J. Manuel Ramos M30 (16º)
31 oct 2012
23 oct 2012
CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E VILLARCAYO
XIANA 4º EN MEDINA E 5ª EN VILLARCAYO, O MAIS DESTACADO
Este fin de semán , a cita para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON foi por partida dobre en terras burgalesas. O sábado, en Medina de Pomar, chegaba a primeira das citas. Eran casi 450 os inscritos e repartido nas diferentes categorias. Xiana Conde acadaba o millor dos resultados para o clube macedán, xa que era 4ª na carreira de Feminas Cadete, despois de estar pelexando toda a carreira poloa 3ª posición, e quedando as portas do podium. En Juniors, Raul Gonzalez era o 17º, apesares de non ter realizado unha boa saída, nunha carreira na que participaron case que 50 corredores. O seus compañerios Ruben García era o 30º e Sergio Movilla o 32º. En Master 40 Xulio era o 12º.
Con pouco tempo de recuperación , chegaba a seguinte das citas. Era na matinal do domingo, e en Villarcayo, nunha carreira na que a choiva facía acto de presencia, o que iba a provocar que o circuito se voltara moi resbaladizo. Xiana Conde, voltaba a obter o millor dos resultados, e despois de estar toda a carreira polo podium, chegando a rodar en 2º lugar, o final pagaba o esforzo e finalizaba 5ª.
En Juniors, nunha carreira na que voltaban a tomar parte 50 corredores, Raul Gonzalez era 23º, Sergio Movilla o 27º e Ruben Garcia o 30º. Lembrar que estes corredores estan a correr as súas primeiras carreiras como Juniors.
7 oct 2012
XA COMEZOU A TEMPORADA DE CICLOCROS CA 1ª PROBA DO SUPERPRESTIGIO EN IBIAS
Este sábado comezou unha nova temporada de Ciclocross. Foi na localidade asturiana de Ibias, onde se celebraba a primeira proba puntuable para o SUPERPRESTIGIO MMR-CAMPAGNOLO, (Antiga Copa de España), o que supuña a primeira proba de Ciclocross a nivel estatal. Foron máis de 250 os participantes chegados de todo a peninsula, os que participaron na proba.
En canto o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que acudía con numerosas e importantes ausencias, como as de Marcos Villar e Saul López, desprazaba a Asturias un total de 7 corredores , sendo o resultado máis destacable, o 5º posto de Xiana Conde en Feminas Cadete. Para a maior parte deles ,era a sua primeira carreira nunha nova categoria, asi Raul Gonzalez, Ruben Garcia e Sergio Movilla estreabanse na categoría de juniors, rematando o 20, 22 e 23. En cadetes, Roman Saa, que tamén cambiaba de categoria remataba o 19º. A vindeira cita ,para os xovens corredores da canteira macedán, saidos da Escola JA Hermida, será dentro de 15 dias en terras burgalesas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

