12 nov 2012

CICLOCROSS DE O ROSAL


Este sábado iniciouse o calendario galego de Ciclocross , coa proba celebrada no entorno da Praia das Eiras , no Rosal e organizada polo CC O Rosal. Nun circuito, situado a beira do Miño , e con treitos de area a actuación dos corredores macedáns do ACADEMIA POSTAL -ACTYON, estivo a un gran nivel.
En cadetes , o novel , ROMAN SAA ,realizaba unha gran carreira, na sua segunda carreira na categoria e no ciclocross, rematando o 8º. En Juniors , RAUL GONZALEZ, era 6º , estando a un gran nivel, a pesar de non ter realizado unha boa saida. Na misma categoria RUBEN GARCIA ,era 14º. Ambos corredores están a correr a suas primeiras carreiras como juniors.
Tamén participaron, Antonio Saa Tesouro en M40 (14º) E J. Manuel Ramos M30 (16º)

No hay comentarios:

Publicar un comentario