23 oct. 2012

CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E VILLARCAYO



XIANA 4º EN MEDINA E 5ª EN VILLARCAYO, O MAIS DESTACADO

Este fin de semán , a cita para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON foi por partida dobre en terras burgalesas. O sábado, en Medina de Pomar, chegaba a primeira das citas. Eran casi 450 os inscritos e repartido nas diferentes categorias. Xiana Conde acadaba o millor dos resultados para o clube macedán, xa que era 4ª na carreira de Feminas Cadete, despois de estar pelexando toda a carreira poloa 3ª posición, e quedando as portas do podium. En Juniors, Raul Gonzalez era o 17º, apesares de non ter realizado unha boa saída, nunha carreira na que participaron case que 50 corredores. O seus compañerios Ruben García era o 30º e Sergio Movilla o 32º. En Master 40 Xulio era o 12º.
Con pouco tempo de recuperación , chegaba a seguinte das citas. Era na matinal do domingo, e en Villarcayo, nunha carreira na que a choiva facía acto de presencia, o que iba a provocar que o circuito se voltara moi resbaladizo. Xiana Conde, voltaba a obter o millor dos resultados, e despois de estar toda a carreira polo podium, chegando a rodar en 2º lugar, o final pagaba o esforzo e finalizaba 5ª.
En Juniors, nunha carreira na que voltaban a tomar parte 50 corredores, Raul Gonzalez era 23º, Sergio Movilla o 27º e Ruben Garcia o 30º. Lembrar que estes corredores estan a correr as súas primeiras carreiras como Juniors.

No hay comentarios:

Publicar un comentario