27 ago 2012
AIDA GONZALEZ 1ª E IVAN FEIJOO 2º PODIUMS NO MINIBTT DE MONTEFERRO
20 ago 2012
IVAN FEIJOO E AIDA GLEZ , VENCEN NA CASA , NO VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
A xornada comezou de maña, as 11 horas, xa con moito calor, nos arredores do Castelo de Maceda. Abriuse ca carreira de Prebenxamins, para continuar despois ,con todas as categorias, promesas, principiantes, alevíns e infantis. Moito foi tamén o publico que presenciou a proba en directo. No que respeta aos resultados d@s corredores e corredoras locais, destacar a victoria de Ivan Feijoo na categoria de Infantis, e de Aida Gonzalez en Principiantes, asi como os podiums de Noela e Aixa.
Pero a xornada, non remataba cas carreiras, xa que o remate das mesmas, a "festa" trasladabase as instalación municipais das Piscinas, onde se celebraba a III FESTA DO MINI BTT GALEGO, e na que participan máis de 200 persoas, disfrutando dun xantar e dunha xornada de lecer nas piscinas, para rematar con unha acampada.
Asi pois xornada completa ,nun día non que o calor apretou.
Clasificacións completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1045_VIII%20MINIBTT%20CASTELO%20DE%20MACEDA.pdf
16 ago 2012
ESTE SABADO AS 11 VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
Este sábado a partires das 11 horas , e nos arredores do Castelo de Maceda, o CC Maceda e a súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA, organizan o VIII Mini BTT CASTELO DE MACEDA, e no que se agarde que participen máis dun centenar de rapazes e rapazas das diferentes Escolas de Ciclismo de Galicia, con idades de entre os 5 e os 14 anos. Ao remate do mesmo, e xa nas instalacións das piscinas tod@s @s participantes, poderán participar na III Festa do MINI BTTT GALEGO, e que consistira nunha xantar colectivo e unha tarde de convivio con xogos na piscina, para rematar con unha acamapada.
12 ago 2012
HERMIDA 4º NAS OLIMPIADAS DE LONDRES
Finalmente Hermida foi 4º nas Olimpiadas de Londres, nunha carreira emocionante na que estivo loitando toda a carreira por unha medalla, e na que un percance ca sua cadea, posiblemente , lle impedira subir o podium. Pero ainda asi, demostrou a sua gran condición e a sua garra, nunha carreira dura , intensa e moi moi emocionate. Hoxe , o unico que podemos decir, e que neste clube ,estamos MOI ORGULLOSOS de que a nosa ESCOLA DE CICLISMO leve o teu nome: JOSE ANTONIO HERMIDA.....
9 ago 2012
30 jul 2012
O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA GAÑA O OPEN GALEGO BTT XC
Este fin de seman se puxo punto e final ao o OPEN GALEGO DE BTT XC, coa proba celebrada en Sanxenxo. Decidianse nesta proba os vencedores finais do Open Galego. Por equipos, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA proclamabase vencedor final, colleitando asi un exito máis. A nivel individual, IVAN CONDE levabase a victoria xeral en Cadetes. RAUL GONZALEZ e SAUL LOPEZ, finalizaban 2º en Cadete e Elite respectivamente, ao igual que XIANA CONDE en Feminas cadetes-junior. Xulio Conde era 3º en Master 40 e Jose Manuel Gonzalez 2º en Master 50. Por todo elo, o balance, non pode considerarse mais que positivo, nunha temporada na que a persares das diferentes baixas, o noso clube logrouse proclamar como vencedor na xeral por equipos.
No que respeta a proba destacar sobre todo a victoria de RAUL GONZALEZ na categoria de cadetes, o que supuña un xusto premio a un corredor que o longo de toda a tempada perseguiu a victoria, e chegoulle na ultima proba. En elites, SAUL LOPEZ, foi 2º en dura loita co vencedor final do open, o vigues Alberto Pedreira. Ponse asi, punto e final a tempada de BTT...
18 jul 2012
SAUL LOPEZ, CA SELECCION GALEGA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LORCA
Despois da participación dos corredores cadetes Ivan, Raul e Xiana o pasado fin de semán, coa selección galega, nos Campionatos de España de BTT en Oviedo, agora tocalle o turno a SAUL LOPEZ, que acudira convocado coa seleción galega , para participar nos Campionatos de España Absolutos, que este fin de semán se celebran na localidade murciana de Lorca. Xunto con Saul , acudirá Xulio Conde como responsable da seleción.
Os campionatos abriranse na xornada do venres coa carreira de Team Relay. O sabado seran as carreiras de expert , e master. Na mentras que a proba de Sub 23, na que participa Saul, será o domingo de maña, a partir das 9 horas. Saul , parte , ca intención de estar entre os 10 millores sub 23 , neste seu primer ano na categoría, despois de ter estado no podium de junior o ano pasado, no que foi 3º.
Información completa da proba en: http://www.cclahoya.lorca.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



