13 ago 2026

XXI MINI BTT DE MACEDA - VIII MARCHA DAS VAGALUMES - COPA DEPUTACION DE OURENSE



Onte foi presentado o XXI MINI BTT  DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE , proba que se celebra o domingo 16 de agosto , e que se engloba dentro dun fin de seman de festa para os rapazes e rapazas do Mini BTT galego , e que inclue a VIII Marcha das Vagalumes. Seran mais de 300 os nenos e nenas que tomaran parte no evento. 

As piscinas de Maceda , e arredores acolleran a acampada, e outros eventos. A Marcha das Vagalumes , transcurrira o anoitecer , do sabado, polas ruas de Maceda, chegando o Castelo , convertendose nun autentico espectaculo visual de luces e musica. 

A proba do Mini BTT , sera na maña do domingo a partires das 10:00 no clasico circuito da Piscina. 

Acudiron a cita , representantes da Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Concello de Maceda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario