1 oct 2014

VICTORIA DE AIDA NA ULTIMA PROBA DA TEMPORADA DE MINI BTT EN MOS



Este fin de semán finalizaba a temporada de Mini BTT, na localidade pontevedresa de Mos, e como aconteceu en todas e en cada unha das citas da temporada, a nosa Escola tivo de novo unha moi boa  actuacion. Asi Aida Gonzalez vencia de novo en Alevins, sumando unha victoria mais a sua gran temporada. O resto do integrantes da Escola , estiveron tamen a un moi bo nivel , quedando varios deles as portas do podium. Asi Carlos Canal era 4º en Infantis, o mesmo que Antia Martinez, 4ª tamen en Infantis. Marco Nube era 4º en Alevins, ao igual que Noela Saa 4ª en Alevins.Sarela Conde foi 4ª en Principiantes e Saul Vazquez tamen era 4º en Prebenxamins. Pero non so estes corredores estiveron a un moi bo nivel, pelexando nas primeiras posicións , si non que todos os integrantes da Escola. Noraboa a tod@s eles e elas pola gran temporada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario