6 oct. 2014

IVAN FEIJOO VENCE EN CADETES NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE OVIEDO



Este domingo, comezaba a temporada de ciclocross, coa primeira proba puntuabler para a Copa de España de Ciclocross, en Oviedo, e non o poido facer millor para o noso equipo, xa que na categoria cadete , Ivan Feijoo vencia nunha carreira emocionante, e resolta ao sprint co corredor catalán Jofre Cullel. Ambos corredores, rodaban toda a carreira xuntos, chegando a meta con mais de 40 segundos sobre o 3º.  Esta victoria , valialle a Ivan, ademais, para situarse como lider da Copa de España na categoria de cadetes.
Reseñar tamen o bo facer de Abel Franco, que na sua primeira experiencia en ciclocross, finalizaba 18º.
En juniors Femina, Xiana Conde era 4ª quedando as portas do podium, nunha carreira na que tivo que remontar volta a volta. Asi pois, boa carreira da junior macedana.
Raul Gonzalez, actual campion galego de BTT Junior,  estreabase na categoria de Elite Sub 23, realizando unha  boa carreira, finalizando 7º entre os Sub23, e amosando moi boas maneiras.
En M40 Xulio era 12 e en M50 Jose Manuel o 22º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario