7 dic 2012

VICTORIA DE XIANA NO XXV CICLOCROSS DE BOIRO

RAUL GONZALEZ 6º JUNIOR
Xiana Conde 1ª en Feminas Cadete

O junior Sergio Movilla

Onte domingo ,celebrouse na vila de Boiro, no entorno do paseo marítimo o XXV Ciclocross de Boiro. A carreira estivo marcada pola choiva que acompañou durante todas as carreiras, provocando que o circuito estivese embarrado e con auga, o que endurecia as carreiras. A primeria carreira en celebrarse , foi a de Cadetes e Feminas. Na categoria de Feminas Cadete, Xiana Conde colleitaba unha nova victoria, vencendo nunha proba moi disputada a mariñense Irene Trabazo. Na proba masculina, Roman Saa era o 11º. A seguinte carreira era a de Masters. En Master 50 Jose Manuel Gonzalez ,subía o podium sendo 3º. En Master 40 Xulio Conde era 10º e en Master 30 Jose Manuel Ramos era 13º. A ultima proba en disputarse era a de Elite Junior. Os representantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA eran Raul Gonzalez e Sergio Movilla. Raul , realizaba unha gran carreira rematando o 6º entre os juniors, e Sergio, finalizaba o 18º. A vindeira cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA sera maña sábado na localidade vasca de Itsasondo donde se celebra unha nova proba do Superprestigio, en concreto a penultima.

Fotos de Luz Maria Iglesias
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5818862502098006417?banner=pwa

No hay comentarios:

Publicar un comentario