18 dic 2012

V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

PODIUMS DE XIANA, XULIO E JOSE MANUEL




Este sábado, día 15, organizamos en Maceda, o V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, nos arredores do Castelo de Maceda. Despois duns dias previos de moita auga e temporal, a tarde presentouse, sen choiva, e o circuito practicamente seco e moi rápido. A participación foi alta , xa que a parte dos galegos habituais do calendario galego, estiveron corredores/as chegados de Portugal, Asturias, Zamora...
En canto ao público, tamén foi numeroso, o que ven confirmar que esta proba vaise convertindo como unha proba tradicional xa no calendario galego.
A primeria carreira en celebrarse , foi a de Feminas, en todas as categorias , e a de Cadetes. En feminas, a participación foi mais alta do habitual, xa que casi 15 rapazas tomaron a saida. A vencedora en Elite foi a actual campiona de España, Isabel Castro, en Juniors , a corredora de Cambre, Lorena Sanin, e en Feminas Cadete, a tamen campiona de España, Desiree Duarte. Destacar a 2ª posicion da corredora local, XIANA CONDE, na categoria de Feminas Cadete.
En Cadetes, o vencedor foi o corredor de Coruxo, Daniel Piñeiro, co corredor local , ROMAN SAA, en 10º lugar, despois de ter sufrido un pinchazo.
A seguinte carreira, foi a de Master. En Master 30 , vencia o corredor do Spol , e actual campión de España, José Rodriguez, co local J.MANUEL VAZQUEZ 12º. En Master 40 vencia o actual campión de Portugal, Antonio Sousa, co local XULIO CONDE, 3º, e ANTONIO SAA 11º. En Master 50 vencia Valeriano Carrera, co local J.MANUEL GONZALEZ 3º.
A ultima carreira en tomar a saida, era a de Elite-Sub23. Vencia na carreira o corredor de Salavaterra , Mauro Gonzalez. En Sub23, vencía o corredor local PABLO RODRIGUEZ (Hirumet), no que era a sua unica particpacion en CX , nesta temporada, e realizando unha gran carreira, diante do seu publico. IAGO SAA era o 17º. En juniors vencia nunha bonita carreira, resolta o sprint, o corredor do Spol , Angel Diz. O local RAUL GONZALEZ, era 5º despois de completar a sua millor carreira nesta sua 1ª tempada na categoria de Juniors. SERGIO MOVILLA era 14º.
Asi pois boa actuacíón dos integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA na súa carreira.
Destacar , tamén , que durante a carreira os máis peques da ESCOLA JA HERMIDA, puideron disfrutar dunha zona de Trial, montada por Pablo Atrio.
Con esta carreira , o CC Maceda, pecha as actividades organizativas neste ano 2012 , no que estivo a conmemorar o seu 25 aniversario.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1086_Clasificaci%C3%B3n.pdf

Fotos de Luz Maria Iglesias:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5822573016201347665

Fotos de Luis Prado:
https://plus.google.com/photos/102642082525240937032/albums/5822302492399898353?banner=pwa

No hay comentarios:

Publicar un comentario