24 jun. 2012

SAUL E IVAN LIDERES DO OPEN GALEGO BTT XC EN ELITE E CADETES


Proveitosa xornada para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA  este fin de semán na proba do Open Galego de BTT XC en Oleiros, na que colleitou un total de 6 podiums, entre eles 2 victorias.
Na categoria raiña, a de Elite, SAUL LOPEZ era 2º despois dunha intensa loita con Mauro Gonzalez, que o vencia nos ultimos metros da proba. Este 2º posto , valeulle para afianzarse como lider do Open Galego.
En Cadetes, IVAN CONDE , vencia con autoridade e afianzabase todavia mais como lider. O terceiro era o seu compañeiro de equipo, RAUL GONZALEZ, na mentras que SERGIO MOVILLA finalizaba 5º.
XIANA CONDE subia o podium como unica participante en Feminas. Os ultimos podiums da xornada chegaban en Master 40 con Xulio Conde 3º e en Master 50 con Jose Manuel Gonzalez, 3º. Asi pois ,gran xornada para o clube macedan nesta proba do Open Galego de BTT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario