17 jun. 2012

INDURAIN E RUBIERA GALARDONADOS COAS CHOCAS DO ANO 2012








Dende hai xa 5 anos , o noso clube , ven entreganto anualmete os PREMIOS CHOCAS DO ANO, cos que queremos recoñecer a xente  do mundo da bicicleta a súa traxectoria. Nestes anos recibiron este agasallo , OSCAR PEREIRO   e MARCOS SERRANO no ano 2008, o equipo XACOBEO e J.G. NOIA, no ano 2009, EZQUIEL MOSQUERA ,no ano 2010 e GUSTAVO C. VELOSO , no ano 2011. Este ano o galardon traspasou as  terras galegas por primeira vez , e foi parar as máns de CHECHU RUBIERA e do mismisimo INDURAIN.
Ambos representan as duas caras do ciclismo, Miguel , a dun dos mellores corredores a nivel mundial da historia do ciclismo, un gañador nato. E Cechu, a dus dos millores gregarios, eses corredores que o dan todo para que un compañerio poida gaña. Grandes os dous!!!!
A verdade que a nomina de gañadores asusta.... pero a vez alegranos moitisimo que todos estes craks teñan estado cos rapazes e rapazas da nosa ESCOLA JA HERMIDA , e teñan estado en Maceda.
No mesmo acto, no que conmemoramos os 25 anos da nova etapa do CC Maceda, anque xa estivera en marcha na decada dos 70, homenaxeouse a xente que puxo en marcha o ciclismo en Maceda, como foron Claudio Blas e  Gregorio Perez. 
A vez se recoñeceu o apoio dos nosos patrocinadores e  sacaronse as fotos oficiais de todos os integrantes do Clube e da Escola , con tan ilustres acompañantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario