18 may. 2012

SAUL VENCE EN ARTEIXO E SITUASE LIDER DO OPEN GALEGO XC


Intensa e maratoniana a xornada vivida onte en Arteixo, no día das letras Galegas. Pola maña celebrabase a primeira proba da tempada, de MINI BTT , e pola tarde, a 4º proba puntuable para o Open Galego de BTT XC. Eran as 11 da maña cando arrancaba a xornada, e nunha proba con unha gran participación, @s mais pequen@s da ESCOLA JA HERMIDA, iniciaban unha nova tempada, e o facían con bo pe, pisando o podium. Asi, Aida Gonzalez, en Benxamins Fem , vencia e Noela Saa quedaba as portas do podium. En Infantis, Ivan Feijoo era 3º. Pero non so estes/as corredores/as tiñan unha actuación destacada, si non que tod@s @s que acudiron , estaban a gran altura. 
Xa pola tarde , e a partir das 16:30 horas , tocaballe o turno, os maiores do clube, os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, e a xornada non poido ir millor , xa que Saul Lopez, vencía na proba raiña con autoridade , o que lle valía para situarse como lider do Open Galego de BTT 2012. Saúl dominaba a proba xa dende o principio, nun circuito moi duro e técnico, e sumaba a súa primeria victoria da temporada. En cadetes, Ivan Conde, colleitaba unha victoria máis e afianzabase como lider do Open, e tanto que Raul Gonzalez era 3º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario