21 may. 2012

BOA ACTUACION NO MINIBTT DE CORUXO


Este domingo celebrouse en Coruxo a segunda proba do calendario galego de Mini BTT, e na que participaron máis de 170 rapazes e rapazas das diferentes escolas de ciclismo galegas. Da Escola JA Hermida acudiron a cita 21 rapazes e rapazas repartidos nas distintas categorias, e non voltaron de baleiro para Maceda, xa que colleitaron varios podiums. Destacar a victoria de Ivan Feijoo, con absoluta autoridade na categoria de Infantis. Pero tamén realizaron unha gran carreira  Aaron Lopez 6º, Roman Saa 8º, Manuel Souto 14º e Samuel Gonzales 20º. En Alevins, David Hermida foi 22º e Xacobe Atrio o 40º. En Benxamins , a categoria máis numerosa, con 50 corredores/as na grella de saída, Breogan Diz foi 6º e Martin Gonzalez 7º, Breixo Atrio 10º. Pero  tamen e de destacar as actuacions de Pablo Hermida, Hugo, Noe e Alvarez Gonzalez. Destacar en Feminas , o triunfo, unha vez máis de Aida Gonzalez, con Noela Saa, 3ª nun carreira en que dominaron as corredoras de Maceda. Aixa foi 8ª entre as chicas. Completaron a participación macedán , os mais pequenos , os prebenjamins e promesas Hugo ,  Tristan e Uxio.
A xornada , rematou con festa para todos os/as participantes. Destacar tamén o detalle que o clube organizador, o CC Coruxo, co noso clube , ao facerlle entrega, durante a ceremonia de entrega de premios, dun recoñecemto polos 25 de anos de historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario