5 mar. 2012

TAÇA DE PORTUGA LDE DIVERLANHOSO


Este domingo, comezou a temporada de BTT para o ACADEMIA POSTAL ACTYON MERIDA, coa proba da Taça de Portugal celebrada no parque de multiaventura de Diverlanhoso, en Povoa de Lanhoso, e na que tomaron a saída máis de 400 bikers repartidos nas diferentes categorias. Nunha xornada que se presentaba chuviosa, no seu inicio, e que logo deu paso a un dia de sol, a sorte non acompañou moito @s integrantes do clube macedán. A xornada comezaba  cedo ca proba de masters, a continuación eran @s cadetes os que comezaban a carreira nun circuito embarrado. Ivan Conde , tiña que retirase por indisposición. Raul completaba unha boa carreira , rematando 24 e apuntando boas maneiras.Sergio, na súa primeira carreira   de BTT era 35. A femina , Xiana era 8ª , tamén na súa estrea na disciplina de BTT. En Elite Sub 23 , nunha parrilla que superaba o centenar de participantes , Jose Ramon Villanueva era 43, con caida incluida. En master 40 Xulio era o 16º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario