26 mar. 2012

SAUL LOPEZ 7º E J. RAMON VILLANUEVA 9º NA TRANSGALAICA DE SANXENXO

Dous corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA , remataron entre os 10 primeiros, con Saul Lopez 7º e Jose Ramon Villanueva 9º , na segunda proba puntuable para a TRANGALAICA 2012 celebrada na maña do domingo na localidade pontevedresa de Sanxenxo, e na que participan máis de 300 corredores. Tanto Saul, como Jose Ramon , partian dende posicions moi retrasadas na grella de saída , por non ter participado na primeira proba , por coincidir coa Taça de Portugal, pero aínda asi lograban contactar con cabeza de carreira, ao comenzar a última volta . Ao final pagaron este esforzo e perderon algunha posición na parte final da carreira, pero aínda asi entraban entre os 10 primerios. A proba estivo marcada pola dureza do circuito, no que se debian completar un total de 57 km , e pola calor , que acrecentou a dureza da proba. 
Tanto Saul como Jose Ramon , tiveron, asi pois unha gran actuacíon nesta proba , na modalidade de Maratón.
Completaron a participación macedá , Jose Manuel Ramons (44º) e Xulio Conde (55º) e Antonio Saa , retirado por averia.
Ao final o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA era 3º na clasificación xeral por equipos.
A vinderia cita para o clube macedán sera o proximo fin de semán na localidade salamantina de Bejar, na primeira proba puntuable para a Copa de España de BTT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario