Este sábado celebrouse en no Monte Aloia en Tui organizada pola Fundación Oscar Pereiro, a última proba do calendario galego de Mini BTT. Nunha maña soleada , e coa presencia de Oscar Pereiro, os corredores e corredoras de Maceda acadaron varios podiums, con tres victorias, completando unha vez maís unha gran xornada. En promesas féminas, Aida González acadou unha vez máis a victoría con Noela Saa en 3ª posición. En Principiantes , Antia Martínez foi 2ª; en alevíns , Ivan Feijoo foi segundo; en Infantis féminas Xiana Conde acadou a victoria ao igual que Ivan Conde que venceu na categoría masculina. Foron un total de 120 os corredores que participaron na proba nas distintas categorías. Ao remate da mesma houbo agasallos para todos.
Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/710_I%20TROFEO%20MINI%20BTT%20CONCELLO%20DE%20TUY.pdf
Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/710_I%20TROFEO%20MINI%20BTT%20CONCELLO%20DE%20TUY.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario