Pablo Rodriguez remata 33º no campionato do mundo de BTT celebrado esta tarde no monte Sainte Anne en Canada , nun circuito moi tecnico nun dia nublado. Pablo que partia da posicion 48 foi remontando volta a volta para finalmente rematar despois de 5 voltas no posto 33 , sendo o 6º junior de 1º ano, xa que hai que lembrar que este e o seu primer ano na categoria. Gran carreira , pois de Pablo nesta sua primeira participación nun mundial de BTT, que segundo manifestaba ao remate da mesma, era un circuito que lle gustaba, pero que o embotellamento que houbo na primeira volta nas zonas tecnicas , provocou que tardara en recuperar posicions, e xa foi a partir da 2ª volta, cando a carreira estaba estirada, cando foi adiantando posicions, sobre todo nos treitos de subida, que foron onde podia marcar diferencia co resto de correodores. Foron un total de 75 os corredores que tomaron a saida, sendo o vencedor o holandes Michiel VAN DER HEIJDEN , segundo o frances Julien TRARIEUX e terceiro o alemán, Julian SCHELB. O outro corredor español que tomaba parte na proba, Antonio SANTOS, non finalizou a proba. Esta proba pon punto final a temporada de BTT , e despois dun descanso, PABLO iniciara a súa preparación de cara a temporada invernal de Ciclocross, que comeza no mes de Novembro. Maña, a partires das 20:30 horas disputarase a proba de Elite, na que participara o corredor oriundo de Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA, que parte con opcións de facer podium.
Clasificacións completas en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario