O corredor junior Pablo Rodriguez do CC Maceda finalizou na 16ª posición na proba da Copa do Mundo de BTT celebrada na localidade italiana de Val di Sole, este sábado nunha xornada soleada, o que fixo que o circuito se atopara nunhas condicions optimas a pesar das choivas caidas ao longo da semán. Un gran resultado para o junior macedán situarse entre os 16 millores dunha proba da Copa do Mundo, no seu primer ano como junior e mais tendo en conta que entre os juniors de primeiro ano seria o 3º. Pablo que partia , de posicións moi retrasadas na grella de saida, na posición 65 dun total de 80 corredores, tivo que ir remontando posicions durante toda a carreira. Pablo manifestaba que o circuito adaptabase a suas condicións xa que contaba con importantes subidas o que lle permitia ir adiantando posicións volta a volta, para finalmente rematar 16º, a pouco máis de 4 minutos do vencedor, o belga Jens Schuermans, sendo o millor clasificado dos tres integrantes da selección española, formada polo andaluz, Antonio Santos, e o catalan Adriá Noguera.Con esta carreira, Pablo finaliza a sua participación na Copa do Mundo coa selección española, millorando os seus resultados proba a proba.
Na categoria elite, Hermida remataba unha vez máis no top ten sendo 8º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario