Este fin de semán disputaronse os CAMPIONATO GALEGOS DE BTT 2010 no monte Pedroso de Santiago de Compostela, nunha maña calurosa e non circuito duro, os corredores de Maceda tiveron unha actuación moi destacada , acadando 4 medallas, e destacando a victoria, e polo tanto o titulo de CAMPION GALEGO 2010 de Pablo Rodriguez na categoria Junior. Nun mes decisivo , xa que neste mes se celebran tanto os Campionatos Galegos como os de España, Pablo refrenda a súa gran temporada neste primer ano como junior acadando o su primeiro obxectivo que era o titulo galego. Na mesma categoría , e consolidando o proxecto da canteira do CC Maceda, J.Ramon Villanueva foio 3º e Iago García 4º , polo que tres corredores da Escola de Ciclismo JA Hermida entraron entre os 4 primeiros nun campionato galego na categoria junior.En cadetes chegou a terceira medalla por medio de Marcos Villar que rematou 3º e en Master 40 Xulio foi 2º. A vindeira cita , sera o proximo sabado pola tarde na proba que organiza o noso clube en Maceda, un fin de semán antes dos campionatos de España que se celebran en Barcelona. Esta proba pora fin o Open Galego de BTT 2010.
Resultados:
Junior:
1º Pablo; 3º J.Ramon Villanueva;4º Iago Garcia.
Cadetes:
3º Marcos Villar; 5º David; 9º Iago Saa.
Master 40:
2º Xulio
No hay comentarios:
Publicar un comentario