Este fin de semán os mais pequenos da Escola JA HERMIDA acudiron a 2ª proba puntuable para o OPEN GALEGO DE MINI BTT, celebrada no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Foron mais de 200 os rapazes de todos os clubes galegos os que acudiron a unha cita marcada polo intenso calor. Os resultados acadados polos corredores e corredoras macedáns , voltaron a ser destacados, e asi o remate , tres corredores en diferentes categorias continúan a portar o maillot blanco que distingue os lideres do Open . Aida Gonzalez, en Promesas Feminas, Desiree Duarte, en Infantis Feminas e Ivan Conde en Infantis son os actuais lideres, e refrendaron os seus liderazgos con victorias nas suas categorias. Tamén destacar a actuación de Antia Gonzalez 3ª en Benxamins Feminas, Ivan Feijoo 3º en Alevins, na carreira sen dúbida, máis disputada de toda a tarde, e Xiana Conde 2ª en Infantis Feminas. En total foron case 20 os corredores de Maceda que acudiron a cita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario