Casi unha treintena de corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC MACEDA - ACADEMIA POSTAL-ACTYON- GRANITOS MILUCHO, acudiron a Santiago de Compostela para participar nunha proba do Calendario Galego de BTT , organizada polo CC Aquagest, no monte Pedroso, en na que se deron cita todas as categorias, dende principiantes ata Veterans. Na maña, disputaronse as categorias inferiores, as de Escolas , e os integrantes do conxunto macedan acadaron numerosos podiuns entre os que deestacan as victorias de Xiana Conde en Infantis feminas, e Aida Gonzalez en Principiantes Feminas; tamén acadaron un lugar no podium , Ivan Conde, 2º en Infantis, Desideree Duarte, 2ª en Infantis Feminas, Ivan Feijoo, 3º en alevins e Noela Saa 3ª en promesas. Xa en xornada de tarde nun circuito que percorria todo o Monte Pedroso na Capital Galega, participarón as categorias que ian dende Cadetes ata Veteráns. Nunha xornada con moito publico e un gran ambiente, os mais maiores do clube macedán conseguiron tres victorias e varios podiuns, con victorias de Pablo Rodriguez en Juniors, Diego Rodriguez en Seniors e Xulio Conde en master 40 o que os situa como lideres do Open Galego de BTT Xira Caixanova. Destacar a victoria de Pablo, que nunha gran carreira logrou vencer non so aos corredores da súa categoría senón incluso aos da categoría Elite. Tamén obtiveron postos destacados, David Rodriguez, 3º en Cadetes, e Iago García 4º en Juniors. So o infortunio privou a Marcos Villar de acadar tamén a victoria en cadetes xa que un pinchazo retirouno da competición cando ia primeiro. En juniors tamén J. Ramon Villanueva, tivo un pinchazo cando estaba 3º. Gran xornada , pois para o Clube Macedan, na capital Galega, ata que se desprazaron numerosos seguidores acompañando os corredores.
E para rematar hoxe domingo , Jose A. Hermida logrou a victoria na 2ª proba da Copa do Mundo de BTT , en Houffalize (Bélxica) situándose lider da Copa do Mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario