14 ago 2024

XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - VI MARCHA DAS VAGALUMES




Fin de seman intenso e de festa o que temos por diante , nesta ponte do 15, en Maceda. Chegamos a XIX ediccion do Mini BTT de Maceda, e a VI edicion da Marcha das Vagalumes. Calculamos entorno a 300 nenos e nenas os que se acheguen a Maceda , para disfrutar das diversas actividades que estan incluidas no que e o XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE. 
Entre elas a Acampada, operativa xa dende o xoves, e na que se prevee un cheo coma en anos anteriores. O venres visita O BICI PARQUE. O sabado  visita de novo O BICI PARQUE e o PARQUE DAS BICICLETAS. E xa pola noite a VI MARCHA DAS VAGALUMES. un dos pratos fortes do fin de seman, e que reunira a bo seguro a mais de 500 rapazes e rapazas e acompañantes. 
O domingo de maña , sera o turno para o XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE, sera o turno das carreiras, para as que se ten preparado un circuito no entorno do rio , con saida e chegada nas piscinas municipais. 
Non faltará a animacion de Ivan , que esta vez vira acompañado, e que trataran que os rapazes e rapazas divirtanse no espazo entre carreiras. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario