27 ago 2024

ALEJANDRO GARCIA ÓS CAMPIONATOS DO MUNDO DE ANDORRA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA



Alejandro Garcia tomara parte esta seman nos Campionatos do Mundo de XCO junior, que se disputan en Vallnord (Andorra) formando parte do equipo da Seleccion Española. Alejandro que xa leva uns dias concentrado coa Seleccion en Serra Nevada, preparando a cita mundialista, que se disputa nun dos circuitos mais duros, a 2.000 m de altitude. Alejandro chega situado no posto 22 do ranking mundial, o que lle garantiza a saida na 3ª fila. 

22 ago 2024

O MINI BTT DE MACEDA , MOITO MAIS QUE UNHA CARREIRA, E UNHA FESTA

 











Chegou o fin o XIX MINI BTT DE MACEDA, e un ano mais voltou a ser unha FESTA . Quedan de lembranza as fotos imaxes que estos dias nos regalou , e as vivencias que os rapazes e rapazas tiveron en Maceda. Para o ano que ven , mais FESTA. 

20 ago 2024

XIX MINI BTT DE MACEDA -COPA DEPUTACION DE OURENSE










O XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE, voltou a ser unha festa un ano mais, e casi 300 nenos e nenas das diferentes Escolas de Galicia ,estiveron presentes na FESTA, disfrutando dun bo dia de carreiras e piscina. Entre os nosos rapazes e rapazas, colleitaronse moi bos resultados, estando todos eles a unha gran altura. 

19 ago 2024

VI MARCHA DAS VAGALUMES

 






E a VI MARCHA DAS VAGALUMES voltou a ser un exito total, coma en anos anteriores, enchendo as ruas de Maceda, de luces e festa na noitiña do Sabado, percorrendo o poco  e chegando ata o Castelo de Maceda . Foron entorno os 600 nenos e nenas , e os seus acompañantes, os que percorreron Maceda , encabezados polo carroza de noso amigo Juan, e a sua musica, que ambientaba a marcha. 

14 ago 2024

XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - VI MARCHA DAS VAGALUMES




Fin de seman intenso e de festa o que temos por diante , nesta ponte do 15, en Maceda. Chegamos a XIX ediccion do Mini BTT de Maceda, e a VI edicion da Marcha das Vagalumes. Calculamos entorno a 300 nenos e nenas os que se acheguen a Maceda , para disfrutar das diversas actividades que estan incluidas no que e o XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE. 
Entre elas a Acampada, operativa xa dende o xoves, e na que se prevee un cheo coma en anos anteriores. O venres visita O BICI PARQUE. O sabado  visita de novo O BICI PARQUE e o PARQUE DAS BICICLETAS. E xa pola noite a VI MARCHA DAS VAGALUMES. un dos pratos fortes do fin de seman, e que reunira a bo seguro a mais de 500 rapazes e rapazas e acompañantes. 
O domingo de maña , sera o turno para o XIX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE, sera o turno das carreiras, para as que se ten preparado un circuito no entorno do rio , con saida e chegada nas piscinas municipais. 
Non faltará a animacion de Ivan , que esta vez vira acompañado, e que trataran que os rapazes e rapazas divirtanse no espazo entre carreiras.