4 ago 2023

ANE SANTESTEBAN, PABLO RODRIGUEZ E CARLOS CANAL NOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE GLASGOW



En nada se celebraran na localidade escocesa de Glasgow, os Campionatos do Mundo de Ciclismo. Este ano , xuntaranse na mesma sede todas as disciplinas, nun macro evento  que ira dende o 3 ata o 13 de agosto. 

E nel tomaran parte , formando parte da Seleccion Española tres ciclistas da nosa entorna, como son Ane Santesteban, Pablo Rodriguez e Carlos Canal , todos eles corredores profesionais en diferentes disciplinas, que no dia a dia vemos adestrar polas nosas estradas e montes. Nas portas quedou , o noso junior, Alejandro Garcia , actual campión de España. 

Destacar a Ane Santesteban, que ven de acadar un extraordinario 8º posto no pasado Tour de Francia Feminino, situandose asi entre as millores da Elite Mundial . Ane , corredora vasca, profesional co equipo Team Jayco Alula, e residente en Maceda, olimpica por duas veces, xa nesta mesma tempada  foi 10ª no pasado Giro de Italia.


Sabado 12 

11:30 - Estrada Sub23 - Carlos Canal

15:30 -  XCO Elite : Pablo Rodriguez

Domingo 13

12:00 -Estrada Elite Femenina: Ana Santesteban

No hay comentarios:

Publicar un comentario