17 jul 2023

ALEJANDRO GARCIA CAMPION DE ESPAÑA JUNIOR XCO EN SABIÑANIGO






Alejandro Garcia proclamabase este fin de seman Campion de España Junior, no Campionatos de España celebrados este fin de seman en Sabiñanigo. Alejandro vencia con autoridade nunha proba que contralaba perfectamente e na que xa dende a segunda volta se destacaba un grupo de 4 corredores, entre os que estaba Alejandro e os dous corredores do BH , Hugo Franco e Joan Mir, ademais do Riojano , Raul Villar. 

A pelexa centrabase entre os dous corredores do BH , que tentabanse desfacer de Alejandro, aguantando en todo momento os ataques , para xa nas duas ultimas voltas ser el quen pasara o ataque , entrando xa na ultima volta como primeiro destacado, posto que xa manteria ata o final , con unha diferencia de 34 segundos sobre Hugo Franco, 2º en meta , e de 50 segundos sobre Raul Villar, quen o final superaba a Joan Mir.

Asi pois novo titulo de Campion de España para un corredor do noso Clube. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario