Este fin de semán en Maceda daranse cita casi 300 nenos e nenas de todo Galicia para participar no XIII Mini BTT de Maceda - Copa Deputación de Ourense , e que se celebrara o domingo día 13, a partir das 11:00 horas, nas instalacións das Piscinas Municiapis de Maceda.
Pero a cita de Maceda, xa e algo máis que unha competición de Escolas , xa que durante este fin de semán, unha gran cantidade de rapazes e rapazas e as suas familias, estarán acampadas en Maceda, chegando xa algúns onte xoves e permanecendo ata o martes 15, no que se convierte nun fin de seman de Festa, bicis , piscinas e sobre todo , convivencia.
Para elo o CC Maceda, e a súa Escola, xunto co Concello de Maceda, habilitaron unha zona de Acampada.
Ademais da carreira, o sábado a partir das 21:30 horas, se fara unha Marcha-Paseo nocturna. dende as pisicinas ata o Castelo, e voltando as piscinas, en bici, e con luces.
O domingo, ademais da carreira, e xa as 20:00 horas haberá a actuación de Daniel Barreiro & Friends, na zona das piscinas.
Tamén haberá actividades no Pump Track do clube .
Asi pois, a gran cita do Mini BTT galego, xa esta en marcha
No hay comentarios:
Publicar un comentario