26 jul 2017

IVAN FEIJOO BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XCO DE COFRENTES



Ivan Feijoo acadaba este fin de semán a medalla de bronce nos Campionatos de España de BTT XC en Cofrentes (Valencia) a donde acudía formando parte da Selección  de Galicia. Nunha carreira marcada pola dureza do circuito e a calor que facía. Ivan que partía co obxectivo de voltar a casa con unha medalla,  realizaba unha boa carreira xa dende a saída, rodando nos primerios momentos xunto con vencedor Jofre Cullel, e adquiriendo algo de ventaxa sobre o resto de participantes. Destacar o intenso ritmo na 1ra volta, chegando a dala o mesmo ritmo cos elites. A partir da 2da volta, entraba na pelexa polo 2do posto, o corredor local David. Ivan , non daba mantido o seu ritmo e xa na 3ra volta se situaba terceiro, mantendo esta posición ata o final de carreira, e subindo asi o podium como 3ro. Ivan Feijoo suma asi unha nova medalla nuns Campionatos de España.
Ivan Feijoo, participaba xa o venres na proba de Team Relay, xunto co resto de integrante da Seleccion de Galicia, e remataban 4º quedando as portas do podium.
Xunto con Ivan , acudía a estos campionatos, Saul López. Saul non tiña o seu millor dia, e finalizando o 36, o que non ven a ensombrecer a sua gran temporada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario