8 may 2017

DIA PARA A HISTORIA DO CC MACEDA , O VIVIDO NO OPEN DE ESPÀÑA XCO DE MACEDA -GP OURENSE TERMAL





Chegaba a ultima proba do OPEN DE ESPAÑA COFIDIS XCO 2017 a Maceda, onde se celebraba o IX BTT MACEDA-GP OURENSE TERMAL, e chegabamos con moi boas expectativas de cara a proba que nos tocaba organizar. E as expectativas se cumprion , e voltamos a vivir un dia historico, pero esta vez na casa, e na nosa carreira, entre so nosos. 
A maña arrancaba ca proba de Cadetes, e Carlos Canal, que chegaba como lider, vencia de novo, e faciase ca victoria final do Open, conseguindo a victoria nas tres probas do Open. Marco Nube e Hugo Vazquez , consegian un importantisimo top Ten , nunha gran carreira, sendo 5º e 6º respectivamente.
En juniors , Ivan Feijoo, vencia con autoridade, e con esta victoria , subia un escalon no podium final do Open, sendo 2º da xeral . Abel Franco ,tamen completaba unha gran carreira e metiase no top tem rematando 9º. En Feminas Cadete, Noela Saa, pisaba podium , sendo 2ª o que lle valia para estar no podium final do Open como 3ª. Aida Gonzalez 6ª e Antia Martinez 8ª completaban unha  boa carreira.
E en elite, Saul Lopez, noutro carreiron, era 7º, pelexando cos millores ,e finalizando no Open como 4º elite detras de Pablo, Valero e Coloma.... casi nada. Roman Saa era o 20º, e Raul Gonzalez o 22º . Xiana Conde era 10ª en Feminas
Con todos estes resultados , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR , era 2º por equipos , na proba de onte e finalizaba tamén segundo na xeral final do Open. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario